venres, 10 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asegura que unha sociedade é xusta e solidaria cando é capaz de tecer e implicar a distintos colectivos na busca de melloras sociais. Así o manifestuo durante a apertura do Seminario de Entidades Non Lucrativas organizado pola Asociación de Xordos de Vigo que se desenvolve no Centro Social Caixanova.
venres, 10 out 2003
Dentro da liña de programación do MARCO de Vigo, "César Portela, arquitecto" significa un importante punto de inflexión, xa que por vez primeira unha exposición monográfica se inclúe nas súas exposicións temporais, xeneralmente colectivas e temáticas.A exposición permanecerá aberta do 10 de outubro ata o 11 de xaneiro de 2004.
venres, 10 out 2003
Os amigos e amantes da bicicleta teñen unha cita este domingo nas rúas da cidade na marcha ciclista "Vigo , a golpe de pedal" que organiza a asociación do mesmo nome coa colaboración da Concellería de Turismo e Comercio. A cita o día 12 ás 10.30 horas na praza do Rei.
venres, 10 out 2003
O Padroado da Fundación Laxeiro celebra o venres unha reunión extraordinaria na que se tratará ,entre outras cuestións, o nomeamento dos patróns que representan a corporacións municipais e provinciais. A xuntanza será no Pazo de Castrelos a partir das seis da tarde.
A mostra ofrece unha amplia visión dos oficios tradicionais de Galicia
venres, 10 out 2003
A primeira Asociación en acoller a exposición itinerante do Centro de Artesanía Tradicional é a Asociación de mulleres Lúa, ubicada no centro cultural de Bembrive, co que o CAT inicia a súa programación de outono.
venres, 10 out 2003
10 expedientes conforman a orde do día da sesión ordinaria da Comisión de Goberno que se reune o luns día 13 a partis das nove da mañá.
Moción que presenta ó Pleno ó Grupo Municipal de Democracia Progresista Galega
venres, 10 out 2003
O grupo municipal de Democracia Progresista Galega propon para o seu debate na Pleno da Corporación unha moción sobre as catástrofes marítimas e solicita á Xunta de Galicia a elaboración dun rigoroso Plan Territorial de Continxencias Marítimas.<br />
<br />