A exposición "a artesanía tradicional un patrimonio actual" na Asociación de Veciños de Bembrive
A primeira Asociación en acoller a exposición itinerante do Centro de Artesanía Tradicional é a Asociación de mulleres Lúa, ubicada no centro cultural de Bembrive, co que o CAT inicia a súa programación de outono.
A exposición percorre sete oficios tradicionais, as súas orixes, as ferramentas, o seu uso... e amosa pezas significativas dos oficios que pertencen á exposición permantente deste Centro. A mostra manterase en Bermbrive ata o próximo 14 de outubro.
Esta actividade inclúe demostracións artesáns, así o pasado 4 de outubro se realizou unha actividade de demostración a cargo do cesterio Toño Gonzalez Fernandez, que se desenvolveu con moita expectación e interese por parte de todos os asistentes.
O próximo punto de encontro será a Asociación de Bouzas, onde o Centro de Artesanía Tradicional estará presente coa exposición dende o 15 ata o 28 de outubro. Nesta ocasión, a actividade de demostración terá lugar o 24 de outubro ás 17.30h, a cargo da zoqueira Elena Ferro Lamela.
Descargar todas as imaxes