A Fundación Laxeiro celebra unha Reunión Extraordinaria do seu Padroado, no Pazo de Castrelos
O Padroado da Fundación Laxeiro celebra o venres unha reunión extraordinaria na que se tratará ,entre outras cuestións, o nomeamento dos patróns que representan a corporacións municipais e provinciais. A xuntanza será no Pazo de Castrelos a partir das seis da tarde.
Nesta ocasión, procederase ó nomeamento do Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, como Presidente e tamén, como Patrona de Honra, en representación da Deputación de Pontevedra, nomearáse a María Corina Porro Martínez, actual Vicepresidenta da devandita institución e que sustituirá no cargo ó anterior Presidente da Deputación Manuel Abeledo.
Ademais, na reunión farase un repaso da marcha da Fundación Laxeiro durante o presente ano e se presentará un avance das actividades que se están a programar para o ano 2004, centradas básicamente na Arte xove galega e a divulgación da obra de Laxeiro entre os máis novos, mediente actividades didácticas e organización de exposicións en torno ó autor de Lalín.
Un punto importante a tratar tamén, será o estado da cuestión sobre o proxecto de Centro de Estudios Laxeiro, cuia sede estará en Lalín e que se pretende poñer en marcha no vindeiro ano 2004.
Sinatura de convenio
Ó remate da Reunión Asinarase un convenio bianual por valor de 12.000 €, entre o Concello de Lalín, e a Fundación. Este convenio enmárcase dentro da liña de colaboración que sempre existíu entre a vila natal de Laxeiro e a Fundación que leva o seu nome. Con este investimento, a Fundación Laxeiro, entre outras cousas, comprométese a organizar a lo menos, unha exposición ó ano no Concello de Lalín, así como seleccioar un artista participante na Bienal Pintor Laxeiro para que amose o seu traballo na sede da Fundación en Vigo, como sucedeu xa cos artistas Armindo Salgueiro e Guillermo Aymerich e, o vindeiro ano, sucederá con Álvaro Negro.