Escoitar

Marcha ciclista "Vigo, a golpe de pedal"

Os amigos e amantes da bicicleta teñen unha cita este domingo nas rúas da cidade na marcha ciclista "Vigo , a golpe de pedal" que organiza a asociación do mesmo nome coa colaboración da Concellería de Turismo e Comercio. A cita o día 12 ás 10.30 horas na praza do Rei.

venres, 10 out 2003
1065773290bici.jpg
"Vigo, a golpe de pedal"
Os participantes na marcha concentraranse na praza do Rei. A saída darase ás 11 horas, percorrendo as seguintes rúas: Cachamuiña, Falperra, Pi i Margall, López Mora, Paza de América, Avda. Castelao,Circunvalación Oeste. O avituallamento realizarase en Bouzas continuando a marcha por Beiramar, Porto Pesqueiro do Berbés, Cánovas del Castillo, García Olloqui, Alameda, Colón, García Barbón, Praza de Issac Peral, Areal e Montero Ríos , onde será a chegada.

Ó finalizar entregaranse os premios á bici máis orixinal; ó participante de menor e maior idade e á familia máis numerosa. Tamén entregarase unha placa conmemorativa da primeira edición do premio "Pola promoción do uso e disfrute da bicicleta" que a partir deste ano daráselle ás persoas, institucións ou colectivos que se distingan polo seu trabalo nesta campo.

Á inscrición á marcha é gratuíta e aberta a calquera persoa que desexe participar e poderá realizarse na lonxa de entrada do Concello ó mesmo día da marcha.

Os amigos da bicicleta " A golpe de Pedal" é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu coa inquietude de fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte ecolóxico, como deporte, como actividade para realizar en familia, como fomento da participación e sensibilización social para a mellora da calidade de vida.
Descargar todas as imaxes