Peche de tráfico na rúa Manuel Núñez
Ponse en coñecemento do público en xeral que, por mor das obras do aparcadoiro soterrado da rúa Urzáiz pecharase ó tráfico rodado a rúa Manuel Núñez no tramo desta entre as rúas Gil e Urzáiz mañá, día 8 ás 11,00 horas e por un período aproximado de seis meses.
Ó mesmo tempo e para garantir a mobilidade na zona, reabrirase ó tráfico o tramo da rúa Magallanes, entre as rúas Gil e Urzáiz e cambiarase de sentido o tramo entre as rúas Gil e María Berdiales de modo que a rúa Magallanes quedará establecida como sentido único de baixada, entrando dende María Berdiales e saíndo a Urzáiz.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.