Escoitar

O conselleiro de Medio Ambiente comprométese a colaborar na solución dos problemas da depuradora

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, recibiu hoxe ao conselleiro de Medio Ambiente, José Manuel Fernández Barreiro, quen lle explicou de primeira mán os motivos que, segundo o departamento que dirixe, xustifican o incremento de prezos que aprobou Sogama. Pérez Mariño asegurou que ata que non chegue ao Concello a comunicación oficial desta suba non fará valoracións sobre esta cuestión.

luns, 6 out 2003
1065446824alcalde.jpg
Fernández Barreiro e Pérez Mariño
O conselleiro comprometeuse hoxe co Alcalde a colaborar para buscar solucións ao problema da depuradora do río Lagares. Ao longo do encontro que mantiveron hoxe nas dependencias da Alcaldía de Vigo, o titular de Medio Ambiente manifestoulle a Pérez Mariño que asumía a importancia e a magnitude do problema.

Asemesmo, o Alcalde transmitiulle ao conselleiro a necesidade de acometer as obras de saneamento das parroquias de Valadares e Zamáns, unha cuestión que o conselleiro se comprometeu a estudiar para dar a continuación unha resposta ao Alcalde.
Descargar todas as imaxes