Escoitar

A Biblioteca Central organiza actividades de ocio de fomento á lectura

O concelleiro de Cultura, Santiago Domínguez , presentou a programación de actividades da Biblioteca Central de Vigo que se desenvolverá entre os meses de outubro e maio enfocada tanto ó público adulto como infantil. As actividades consistirán en visitas escolares , visitas guiadas e cursos de formación de usuarios, cineclub, clubs de lectura para adultos e xoves e contacontos .<br />

venres, 3 out 2003
1065178717SANTIC.jpg
Estrella Omil,Carina Fernández, Santiago Domíngez e Juan Piñeiro
Domínguez salientou que con estas actividades perséguese a potenciación da Biblioteca Central e anunciou que proximamente presentarase o Primeiro Plan Municipal de Lectura.

As actividades propostas para os adultos teñen como obxectivo principal a dinamización da biblioteca e traballar no fomento da lectura. A oferta que se propón son visitas guiadas e formación de usuarios que terán lugar os mércores nas que se explicará que é unha biblioteca, historia de Biblioteca de Vigo e do seu edificio, seccións e salas da biblioteca. Os xoves haberá cine club co subtítulo "Tolos polo cinema", que se proxectará un filme na biblioteca con entrada gratuíta. O Club de lectura, será o venres, co que se pretende reunir a un grupo de persoas cun interese común pola lectura e comentar o libro que se estea a ler.

Coa programación infantil pretendese a animación á lectura polo que se desenvolverán obradoiros, contacontos, cine, exposicións e clubs de lectura xuvenil.

O concelleiro estivo acompañado na rolda de prensa de presentación das actividades por Juan Piñeiro, xefe de sección de Cultura, da Delegación Provincial de Cultura da Xunta de Galicia; Carina Fernández, subdirectora da Biblioteca Central de Vigo e Estrella Omil, creadora do programa de actividades.

PROGRAMACIÓN OUTUBRO 2003

MARTES : Visitas escolares de 10-12h (previa cita. Tlfn. 986.229.074)

MÉRCORES : Visitas guiadas pola biblioteca (mañá ou tarde) e Cursos de formación de usuarios (mañá ou tarde)
XOVES : Visitas escolares de 10-12h
Cineclube "Toliños polo cinema" 18:30-20:30
Día 9: "Los amigos de Peter"/ Keneth Branagh
Día 16:"Manhattan" / Woody Allen
Día 23:"El crepúsculo de los dioses" / Billy Wilder
Día 30:"Plácido" / Luis García Berlanga

VENRES: Clube de lectura de 10:30-11:30 e de 16:30-17:30

SÁBADO: Clube de lectura xuvenil de 10:30-11:30h.
Contacontos "Os sábados, conto"de 12 a 13h.
4 de outubro : Os tres bandidos de T. Ungerer
11 de outubro: Alí Babá e os 40 ladróns 18 de outubro: Polgariño
25 de outubro, desfilepresentación das novidades outono-inverno (entrada libre)
Descargar todas as imaxes