mércores, 1 outubro 2003

Calviño asegura que a formación teatral nas escolas quedará garantida

O concelleiro de Educación, Xulio Calviño, asegura que a formación teatral para nenos e mozos quedará garantida nos colexios de Vigo a través de programas descentralizados que se impartirán en tres centros de primaria e outros tres de secundaria distribuidos pola cidade. Deste xeito, darase continuidade ao programa impartido pola Escola Municipal de Teatro, que durante os últimos catro anos ofertou formación similar na escola Mestres Goldar.

O programa de apoio á infancia contará con máis recursos

mércores, 1 out 2003

A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, amosou o apoio e continuación do programa á infancia que desenvolve o Concello dende o ano 2001 despois de avaliar coa comisión de seguimento a necesidade do mesmo e dotalo de máis recursos económicos e humanos.O programa tenta evitar a inadaptación e exclusión social dos menores.

"Vigo, a golpe de pedal" organiza a segunda edición da marcha en bicicleta

mércores, 1 out 2003

O concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, presentou a marcha ciclista "Vigo, a golpe de Pedal" que discurrirá por diferentes lugares da cidade co fin de facer deporte en familia e pasar un día divertido. É a segunda edición da marcha, organizada por amigos da bicicleta "A golpe de pedal"; a cita será o domingo 12 de outubro ás 10.30 horas na praza do Rei.

As ludotecas municipais reinician as actividades

mércores, 1 out 2003

Este mes de outubro retomase a programación regular das ludotecas da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo distribuídas en distintos puntos da cidade para dar cabida a tódolos nenos e nenas. As actividades deste mes céntranse en obradoiros e xogos de temática infantil, xuvenil e social.