Escoitar

O calendario fiscal de cobranza dos tributos do Concello non sufre variación

A Concellería de Economía e Facenda recalca que o Padrón de Vehículos de Tracción Mecánica iniciará a súa cobranza como ben sendo habitual no mes de marzo e o Imposto de Bens Inmobles no mes de setembro. Desde este departamento municipal queren aclarar que a modificación aprobada o pasado luns día 29 de setembro na Ordenanza Fiscal Xeral recupera a redacción vixente ata o ano 2000 que por problema de índole técnica fora rectificada, o que supón que non existe cambio algún nas datas de cobro.

martes, 30 set 2003
O feito de que o texto da Ordenanza aluda ao primeiro trimestre para vehículos, o segundo trimestre para taxas de lixo e o terceiro trimestre para o IBI e o IAE debe interpretarse no senso de que a cobranza destes padróns iniciarase dentro do correspondente trimestre natural. O texto aprobado provisionalmente na sesión plenaria do día 29 é idéntico ao vixente ata o ano 2000 e fose como fose a súa redacción, a cobranza vense comenzando en marzo para os vehículos, en maio ou xuño para as tasas de lixo e en setembro para o IBI e o IAE, dentro do correspondente trimestre natural.

Técnicamente sería inviable que o día 1 de xaneiro o Concello dispuxera da información necesaria para a cobranza do Padrón de Vehículos, resultando imprescindibles os meses de xaneiro e febreiro para a preparación dos listados, unha situación que se pode aplicar aos restantes padróns.