Escoitar

As subvencións sufragaron a totalidade os actos organizados polo Concello na World Fishing

Os gastos derivados dos actos que o Concello de Vigo organizou con motivo da World Fishing Exhibition ascenderon a 118.935,10 euros (19.789.137 pesetas), unha cantidade que foi integramente sufragada coas subvencións de 120.000 (20 millóns de pesetas) euros que aportaron entre Caixanova e Caixagalicia a través de sendos convenios.

martes, 30 set 2003
Dado que as axudas foron dadas explicitamente para facer fronte aos gastos dos preparativos da feira, o Concello procederá a devolver o restante ás entidades financeiras colaboradoras.

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, quere reiterar o seu agradecemento a todas as entidades, organismos e persoas que permitiron o éxito da feira que converteu a Vigo na capital internacional da Pesca ao longo dos últimos días.