Escoitar

Presentado o proxecto ALICERCE para á atención ás persoas

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Lois Pérez Castrillo, ven de de presentar na Subdelagación do Goberno en Pontevedra o proxecto "Alicerce" de formación e emprego no eido dos servicios de atención ás persoas e do que se beneficiarán 70 persoas desempregadas.

martes, 30 set 2003
1064922179Loiscastrillo.jpg
Lois Pérez Castrillo
Co proxecto ALICERCE pretendese elaborar itinerarios de inserción laboral para a capacitación e especialización de persoas desempregadas, nun número de 70, nos campos da mediación intercultural, adiccións e conductas de risco e ocio e tempo libre na terceira idade, así como formar no deseño e posta en marcha de proxectos empresariais no eido de atención a persoas.

Outros dos obxectivos que se perseguen no programa é dinamizar os servicios que actualmente se prestan os colectivos de inmigrantes e emigrantes retornados, persoas con adiccións e persoas maiores no que unhas 400 persoas poderanse beneficiar mediante o desenvolvemento de prácticas profesionais en empresas e entidades.

O proxecto "Alicerce" é unha iniciativa que desenvolve a Concellería de Promoción Económica e Emprego que ten un presuposto total de 843.147 € dos que o Fondo Social Europeo subvenciona o 70 % e o 30 % restante o Concello de Vigo. No marco da Subvención Global do Fondo Social Europeo, programa de axudas á administración municipal que anualmente convoca o Ministerio de Administraciónes Públicas, o Concello de Vigo está a executar o proxecto ABEIRO, do mesmo xeito que anteriormente xestionou o proxecto ASISTE, os dous no ámbito da promoción e capacitación de servicios de atención ás persoas con necesidade.
Descargar todas as imaxes