O Concello instalará colectores soterrados para a reciclaxe de residuos
O pleno aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Consellería de Medio Ambiente para a instalación de colectores soterrados nos puntos que o Concello estableza por un importe de 966.000 € e unha vixencia ata que se rematen as obras e en todo caso ata o 31 de decembro de 2003, se ben poderá prorrogarse por mutuo acordo de ámbalas dúas partes. O obxectivo desta iniciativa é o de facilitar ós veciños e recollida selectiva e a posterior reciclaxe dos residuos.<br />
O sistema de contedores soterrados ten como función seleccionar e almacenar os productos resultantes da recollida selectiva non domiciliaria, polo que serven para mellorar e completar os resultados da aplicación do programa de recollida selectiva. Cada punto de contedores soterrados conta con catro depósitos segundo o tipo de residuos que se almacenen: vidro, papel e cartón, plásticos e materia orgánica.
Na sesión de hoxe ratificouse o protocolo e convenios de colaboración entre o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca para o desenvolvemento dun novo polígono industrial en Matamá-Valadares; para a remodelación, recuperación, revitalización e desenvolvemento de dotacións urbanísticas, culturais e turísticas da área urbana de Teis-Guixar e para a ampliación do parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo.
Festivos locais
A Corporación Municipal acordou que as dúas festas locais para o ano 2004 sexan os días 29 de marzo ( xa que o día 28 de marzo, Reconquista da Cidade coincide en domingo) e 16 de agosto, festividade de San Roque.
Tamén aprobou o resume numérico que se corresponde coa poboación do termo municipal , segundo se deduce do Padrón de Habitantes renovado o un de xaneiro do ano 2003: homes 143.156; mulleres 157.147: total 300.303 habitantes.