Escoitar

O Pazo de Castrelos acolle a gravación dunha serie de televisión

O Museo Municipal "Quiñones de León" permanecerá pechado o mércores desde as 14.00 horas por mor da gravación nas súas instalacións dun episodio da serie de TV de Galicia "Rías Baixas".

martes, 30 set 2003
1064922341museo0.jpg
Museo Municipal Quiñones de León
As características do pazo, que se conserva como mansión aristocrática de principios do século XX, e do seu xardín histórico, propician a súa constante demanda como estudio de gravación de cine ou televisión por parte das productoras especialmente de Galicia.

Entre as películas que recentemente incluíron parte do museo ou dos xardíns como escenario atópanse "Belas Durmintes" (Dir: Eloy Lozano, 2001) e "Días de Voda" (Dir: Juan Pinzás, 2002). En canto a documentais o museo serviu como base de diversas produccións das productoras Voz ("O mundo de Celavella"); Faro; Videogal; Adivina Produccións, S.L.

O Museo Municipal colabora nas produccións audiovisuais que o demandan coa convicción de que esto contribúe ó seu coñecemento e publicidade en todo o territorio nacional.
Descargar todas as imaxes