Escoitar

"Vigo, a golpe de pedal" organiza a segunda edición da marcha en bicicleta

O concelleiro de Turismo, Lois Pérez Castrillo, presentou a marcha ciclista "Vigo, a golpe de Pedal" que discurrirá por diferentes lugares da cidade co fin de facer deporte en familia e pasar un día divertido. É a segunda edición da marcha, organizada por amigos da bicicleta "A golpe de pedal"; a cita será o domingo 12 de outubro ás 10.30 horas na praza do Rei.

mércores, 1 out 2003
1065013662vigobici.jpg
Vigo, a golpe de pedal
Os participantes na marcha concéntranse na praza do Rei. A saída darase ás 11 horas, percorrendo as seguintes rúas: Cachamuiña, Falperra, Pi i Margall, López Mora, Paza de América, Avda. Castelao,Circunvalación Oeste. O avituallamento realizarase en Bouzas continuando a marcha por Beiramar, Porto Pesqueiro do Berbés, Cánovas del Castillo, García Olloqui, Alameda, Colón, García Barbón, Praza de Issac Peral, Areal e Montero Ríos , onde será a chegada.

Ó finalizar entregaranse os premios á bici máis orixinal; ó participante de menor e maior idade e á familia máis numerosa. Tamén entregarase unha placa conmemorativa da primeira edición do premio "Pola promoción do uso e disfrute da bicicleta" que a partir deste ano daráselle ás persoas, institucións ou colectivos que se distingan polo seu trabalo nesta campo.

Á inscrición á marcha é gratuíta e aberta a calquera persoa que desexe participar e poderá realizarse na lonxa de entrada do Concello ó mesmo día da marcha, na Casa da Xuventude, nos pavillóns deportivos municipais, na Fundación VIDE, nas oficinas de Faro de Vigo da rúa Colón, na A.VV. de Bouzas e nas tendas de bicicletas Anca, Bicitotal, Delio, Comercial Casares, Ciclos Marcos e Vigobike.

O concelleiro de Turismo, Lois Castrillo subliñou o seu interese con que a marcha sexa un acontecemento que gañe en estabilidade e que se estenda a outros puntos da cidade como elemento dinamizar da mesma.

Os amigos da bicicleta " A golpe de Pedal" é unha asociación sen ánimo de lucro que naceu coa inquietude de fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte ecolóxico, como deporte, como actividade para realizar en familia, como fomento da participación e sensibilización social para a mellora da calidade de vida.
Descargar todas as imaxes