O Concello instalará nas noites da fin de semana unha carpa informativa para a prevención de drogas
A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, presentou o proxecto "Creative" que pon en marcha o centro Alborada dentro das liñas de actuación do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións. Tratase dun proxecto que traballa no ocio nocturno dos xoves desde unha perspectiva de prevención e de diminución de dano.
O programa realízano un equipo integrado por profesionais e voluntarios que tentan dar unha resposta alternativa ante os problemas xerados polo consumo de alcohol e outras sustancias, no lecer nocturno do fin de semana. Para este fin instalaranse unha carpa en distintos puntos da cidade no que se facilitará información ós mozos e mozas sobre as distintas drogas: qué son, qué efectos teñen antepoñendo sempre que o mellor é que non se consuman.
Os obxectivos do proxecto é promover conductas responsables ante o consumo; facilitar información veraz e adaptada ás necesidades reais dos xoves; ofrecer un espacio neutro de escoita e acollida; fomentar nos usuarios unha conciencias de risco que supón tomar un producto do que se descoñece a súa composición; concienciar de que ningún psicotrópico é inofensivo, aínda que o producto non estea adulterado.
O proxecto comezará esta fin de semana coa instalación da carpa informativa na zona de Montero Ríos e Praza de Portugal. Sucesivamente ampliarase a outras zona como Samil, O Castro e O Berbés.
Na carpa poderase detectar e descartar o mais rapidamente posible a existencia de pastillas que pola súa composición ou dose representen un serio risco para a saúde do consumidor e utilizar os programas de análises das sustancias como un instrumento de acceso aos consumidores.
Jesús Cancelo e Angeles Montero, da unidade asistencial de dropodependencias Alborada, e organizadores deste traballo preventivo de educación de rúa manexan os seguintes datos para a realización deste proxecto. Vigo dispón dunha pirámide de poboación na que por grupo de idade existen 18.751 xoves de entre 14-19 anos; 25.605 entre 19-24 anos, e 26.444 entre 24-29 anos o que fai un total de 70.000 persoas.
Segundo os datos facilitados pola asociación unhas 6.300 persoas destes grupos de idade consumiron nalgunha ocasión drogas de sínteses na cidade de Vigo. Uns 9.200 xoves vigueses consumen alcohol diariamente. Seis de cada dez xoves de entre 14 e 29 anos participaron algunha vez nalgún "botellón" ou consumiron bebidas alcohólicas en vías públicas. Un 22,8% o fan con asiduidade.
Estes datos revelan a necesidade de realizar un programa de intervención amplo, onde teña cabida as intervencións a nivel de prevención primaria ( fundamentalmente en centros escolares), secundaria ou selectiva ( mediante o traballo de rúa nos lugares de diversión dos xoves) e terciaria ou indicada ( localizando aos consumidores habituais e facilitando os medios e recursos para unha posible rehabilitación).