Escoitar

108 vehículos do deposito municipal irán para chatarra

A Comisión de Goberno acordou enviar para chatarra 108 vehículos depositados no recinto de Avenida de Madrid e que levará a efecto a empresa adxudicataria "Autodesguaces Vigo,S.L." a razón de 0,05 €/kg.

luns, 13 out 2003
Os 108 vehículos que irán para chatarra considéranse abandonados de conformidade coa Lei e en relación ós canles efectuados para a súa enaxenación como residuo sólido urbano. A pesada da chatarra farase no lugar que indique o Concello e se custe será por conta da empresa adxudicataria.

A devandita empresa terá que seccionar o bastidor dos ciclomotores e motocicletas antes da retirada do depósito debendo garantir que tódolos vehículos enaxenados terán como destino a chatarra.

Subministro de material eléctrico

Comisión de Goberno acordou autorizar o gasto de 238.963 euros para a subministración de material eléctrico para a mellora da infraestructura eléctrica nas parroquias de Coruxo, Matamá, San Miguel de Oia, San Xoán Poulo, Lavadores e Teis.