Escoitar

Exposición sobre o traxe tradicional en Galicia

A Casa da Xuventude acolle dende o día 14 unha exposición titulada "O Traxe Tradicional en Galicia", a cargo do grupo O Fiadeiro. Esta asociación que xurde hai anos para promover o folclore galego realiza unha tarefa de conservación do tradicional dende diferentes puntos de vista.

luns, 13 out 2003
1066048164danza.jpg
Clases de danza galega
Non só se trata dun grupo musical e de baile, senón que tamén aglutina ensinanzas musicais mediante a organización de cursos de gaita, pandeireta, acordeón, percusión e outros que permiten un achegamento á cultura galega. Ademais O Fiadeiro imparte cursos de costura e pasamanerías e teñen un amplo surtido de traxes tradicionais que utilizan nas súas actuacións ou que simplemente almacenan para ser conservados e utilizados coma neste caso, para poder ser admirados polo público.

As obras permanecerán expostas ata o venres 24 de outubro e poderán contemplarse de luns a venres en horario de mañás de 10 a 14 horas e pola tarde de 17 a 21 horas na Casa da Xuventude na rúa López Mora nº 31.
Descargar todas as imaxes