mércores, 15 out 2003
A concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, presentou a 20 edición do Torneo Cidade de Vigo de Hóckey sobre patíns que se celebrará o 17 e 18 outubro no pavillón central das Travesas e que está organizado Federación Galega de Patinaxe . No torneo participarán os equipos H.C.Liceo-Vodafone, Barna Work Igualada; F.C. Barcelona e F.C. Oporto.
mércores, 15 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, acudiu hoxe en Vigozoo á presentación das novas instalacións do lince, que acollen a femia e a cría nacida o pasado mes de maio. Acompañado pola concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, o Alcalde manifestou a súa satisfacción pola inauguración deste habitáculo e resaltou a boa acollida que ten o zoo na cidadanía.
mércores, 15 out 2003
A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza, en colaboración co asociación cultural "Interfolc", as V Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 1, 2 e 16 de novembro, a partir das 20'00 horas.
mércores, 15 out 2003
A Fundación Laxeiro presenta unha exposición na que se amosan pezas que por primeira vez poden ser contempladas polo gran público dende o día 17 de outubro ata o 7 de decembro na sede da Fundación da Casa das Artes. Formada por debuxos procedentes de coleccións particulares, froito do traballo de catalogación que a Fundación está a levar a cabo desde o ano 2000, a mostra está composta de trinta pezas pertencentes á súa primeira época.
mércores, 15 out 2003
A Xerencia de Urbanismo reunirase o xoves día 16 a partir das dez da mañá no edificio da xerencia e entre os asuntos que tratará figura a admisión de candidatos a Xerente de Urbanismo, propostas e elección.