O Alcalde acude á presentación do novo habitáculo do lince en Vigozoo
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, acudiu hoxe en Vigozoo á presentación das novas instalacións do lince, que acollen a femia e a cría nacida o pasado mes de maio. Acompañado pola concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, o Alcalde manifestou a súa satisfacción pola inauguración deste habitáculo e resaltou a boa acollida que ten o zoo na cidadanía.
Na presentación "oficial" deste animal, que por petición popular se chama "Gobi", tamén estiveron presentes o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xosé Carlos Arias, o concelleiro de Limpeza, Amador Fernández; ademais de Julio Alonso e Lucía Molares.
O recinto, que mide en planta 451,63 metros cadrados , está dotado dun muro de catro metros de altura, con revestimento de madeira e acristalamento. Consta de pastor eléctrico como reforzo de seguridade. A área de esparcimento dos linces está vexetada e conta cun bebedeiro exterior. As instalacións, explica o director veterinario, Juan Antonio Freitas, creáronse ampliando e adaptando un antigo recinto de cabras.
No deseño das obras tamén se tivo en conta, coa información aportada por técnicos do Parque Nacional de Doñana, criterios que permitirían incorporar as novas instalacións aos proxectos de cría en catividade do Lince ibérico, a especie deste felino máis ameazada do mundo. As instalacións tiveron un custo de 140.734, 18 euros, dos que 134.401, 14 euros.