Escoitar

O Concello promove rebaixas dun 40 por cento párkings públicos na primeira media hora

O concelleiro de Tráfico, Xulio Calviño, presentou hoxe un plan polo que as concesionarias de once párkings públicos da cidade rebaixarán un 40 por cento o prezo da primeira hora do seu uso. Esta medida trátase dun complemento para a campaña contra a dobre fila e a mellora do tráfico que o Goberno Municipal vai poñer en marcha o día 16 deste mes.

martes, 14 out 2003
1066138833calvi.jpg
Momento da rolda de prensa
"Quero darlles as gracias as concesionarias polo esforzo que fan sumándose a esta iniciativa. Espero que entre todos sexamos capaces de cambiar a mentalidade que permita mellorar a mentalidade na cidade", asegurou o concelleiro. O obxectivo é que este plan estea vixente ata o próximo 31 de decembro, data na que se dará por rematada a campaña contra o tráfico, xa que a partir dese momento volverase a negociar a situación. En canto aos aparcamentos privados, o concelleiro manifestou que xa se estableceron contactos para que se sumen a este proxecto. "Esperamos que tamén contribúan a esta campaña, porque redundará en beneficios para toda a cidade", manifestou.
Descargar todas as imaxes