O Concello presenta unha subvención á UE para analizar a calidade ambiental no litoral
Sanidade e Medio Ambiente solicitarán unha subvención á Unión Europea para desenvolver o proxecto denominado Life de monitorización en continuo da calidade ambiental das praias de Vigo . As concelleiras e Medio Ambiente e Sanidade, María Xosé Porteiro e Belén Sío, explicaron que o proxecto consiste na instalación dunhas boias no mar con sistemas de análises de determinados parámetros que indican a calidade das augas de baño.
O obxectivo fundamental do proxecto Life centrase no aseguramento da calidade ambiental do litoral, especialmente dos areais e zonas de baño a través de distintos frontes, como son a protección das augas e a reducción das fontes contaminantes, a planificación da xestión mariña e a información pública ós usuarios das praias e á cidadanía en xeral.
A monitorización en continuo da calidade ambiental das praias ten como obxectivo proporcionar un sistema de información sobre a situación ambiental do litoral e das praias en particular. O punto máis importante céntrase no estado das augas mariñas polo que se persegue a consecución de datos que permitan avaliar a calidade das augas e detectar vertidos indesexables de tal xeito que se poida investigar as causas ó máis rápido posible. Esto permitiría detectar a orixe do foco de contaminación en tempo real.
O proxecto ten un custe de 1.679.840 euros que estaría financiado un 30% polo Concello, o 20% pola empresa URSAT e o 50% pola Unión Europea. De ser aprobado os traballos terían unha duración de 30 meses e iniciariase a finais do ano 2004.
Descargar todas as imaxes