Escoitar

Pérez Mariño recibiu a alcaldes da Rexión de Turismo de Val de Minho

O alcalde Vigo recibiu a membros do comité organizador do Salón de Turismo, Expogalaecia , acompañados do presidente da Rexión de Turismo de Val do Minho, Francisco Sampaio e dunha ampla representación de alcaldes da Asociación de Municipios desa mesma zona que lle presentaron o programa que se desenvolverá no IFEVI de forma paralela a Vigoferia.

luns, 13 out 2003
Entre os actos previstos na sexta edición do salón de turismo está o Día dedicado a Portugal, que terá lugar o 31 de outubro. Con ese motivo visitará o recinto una ampla representación de autoridades da zona de Val do Minho e se desenvolverá un encontro de industriais e comerciantes, ademais dun almorzo con productos típicos da zona.

Na reunión mantida co alcalde da cidade, Ventura Pérez Mariño, os membros do comité organizador de EXPOGALAECIA informaron de que nesta sexta edición do Salón de Turismo contarase coa presencia dunha ducia de países como Xordania, Cuba, República Checa, Sudáfrica, Suecia ou Irán.

EXPOGALAECIA, o Salón de Turismo, Artesanía e Gastronomía ocupará 8.000 metros cadrados do recinto de Cotogrande e reunirá a máis dun cento de expositores, converténdose nun evento internacional no que estarán presentes tódolos axentes e institucións relacionados con el sector.