Escoitar

Cultura prepara a conversa con Pedro Duque desde o VERBUM

A Concellería de Cultura pon en marcha o operativo para desenvolver o proxecto "Fala ISS.Conversa con Pedro Duque" que terá lugar o domingo 26 de outubro dende o VERBUM. Esta iniciativa parte da Axencia Espacial Europea ó proponerlle a colaboración ó Concello de Vigo para realizar unha actividade conxunta dende un centro como o VERBUM dedicado á palabra e á comunicación humana.

martes, 14 out 2003
1066131618duque.jpg
Pedro Duque
A actividade consiste nunha conversa en directo entre un grupo de rapaces co astronauta español Pedro Duque, que estará no espacio na Estación Espacial Internacional (ISS) para desenvolver diversos traballos de investigación en diversos campos. A viaxe de Pedro Duque á ISS realizarase nunha nave Soyuz entre os días 18 e 28 de outubro de 2003.

Os rapaces que falarán dende Verbum-Casa das Palabras son seleccionados pola Axencia Espacial Europea (ESA) e formarán parte das 4 clases gañadoras do concurso convocado por este organismo dentro do programa "Fala ISS".

A ESA ten convocado un concurso, dirixido a escolares de primaria de colexios españois, para seleccionar 4 aulas que teñen como premio viaxar a Verbum-Casa das Palabras a pasar unha xornada completa que ten como acto principal a conversa entre os alumnos e Pedro Duque.

O día da conversa asistirán a Verbum-Casa das Palabras ó redor de 200 persoas : 4 aulas de primaria de diversas procedencias, os adultos acompañantes dos escolares, persoal da ESA, medios de comunicación e representantes de entidades e empresas vencelladas á tecnoloxía. A conversa con Pedro Duque vai seguirse tamén por videoconferencia ou Internet por 20 centros determinados pola ESA.
Descargar todas as imaxes