Esta fin de semana celebrase o 20º Torneo Cidade de Vigo de Hockey
A concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, presentou a 20 edición do Torneo Cidade de Vigo de Hóckey sobre patíns que se celebrará o 17 e 18 outubro no pavillón central das Travesas e que está organizado Federación Galega de Patinaxe . No torneo participarán os equipos H.C.Liceo-Vodafone, Barna Work Igualada; F.C. Barcelona e F.C. Oporto.
Coa celebración deste torneo, "Vigo vai ser un referente mundial dun deporte cun amplo arraigo na cidade", manifestou a concelleira e subliñou que a partir da próximo semana coa apertura do pavillón de Bouzas o Club de Hóckey Vigo Stick terán un lugar estable para adestrar.
O torneo comezará o día 17 ás 20 horas co partido entre o F.C. Barcelona e F.C. Oporto e ás 21.30 horas enfrontaranse o H.C. Liceo Vodafone e o Barna Work Igualada. O día 18 ás 20 horas disputarase o partido do postos 3º e 4ª ( perdedores da primeira xornada) e ás 21.30 horas a final entre os equipos gañadores da primeira xornada.
Os partidos son dirixidos por árbitros internacionais, nomeados polo Comité Europeo de Árbitros que para o torneo Cidade de Vigo seleccionou a Jorge Vasques e José Pinto de Portugal e Teresa Martínez e Jordi Aragonés de España.
Os prezos para asistir ó torneo son un bono para as dúas xornadas de 6 € ; para a primeira xornada a entrada é de 4 € e para a segunda xornada de 5 euros.
Descargar todas as imaxes