Escoitar

Aberto o prazo para participar na xornadas de danza e música tradicionais galegas

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural organiza, en colaboración co asociación cultural "Interfolc", as V Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas, que terán lugar no teatro-sala de concertos do Centro Cultural Caixanova, os días 1, 2 e 16 de novembro, a partir das 20'00 horas.

mércores, 15 out 2003
1066222625danza.jpg
Grupo de música tradicional galega
Nestas xornadas poderán inscribirse todas aquelas agrupacións de danza e música galegas que o desexen e que pertenzan a unha entidade legalmente constituída, sen ánimo de lucro.

A solicitude de inscrición poderá realizarse ata as 13 horas do día 20 de outubro de 2003, cubrindo o impreso que poderán solicitar na Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo, en horario de luns a venres, de 10 a 12 horas e de 19'00 a 22'00 horas. As solicitudes poderán entregarse persoalmente ou ben remitilas por correo ou fax á citada escola (praza do Rei, s/n; CP 36202; teléfono/fax: 986.81.01.67.
Descargar todas as imaxes

Máis información