Bando sobre instalación de mesas e cadeiras na vía pública
venres, 13 feb 2004A Concellería de Mobilidade e Seguridade establece as normas sobre a instalación de terrazas con mesas e cadeiras en establecementos con actividade derivada da hostelaria
A Concellería de Mobilidade e Seguridade establece as normas sobre a instalación de terrazas con mesas e cadeiras en establecementos con actividade derivada da hostelaria
A flota de taxis da cidade conta desde hoxe con dous eurotaxis, vehículos con características específicas para transportar ás persoas con mobilidade reducida ou que utilicen cadeiras de rodas. O Pazo de Castrelos serviu de escenario para a presentación dos vehículos por parte da alcaldesa, Corina Porro e do concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello.
A Concellería de Mobilidade e Seguridade comunica que por mor da construcción dunha rotonda na confluencia das rúas Sanjurjo Badía, García Barbón e Xulián Estévez a partir do martes 10 de febreiro de 2004 ás 0,00 horas, e por un período aproximado de 3 semanas, o tramo da rúa Sanjurjo Badía entre García Barbón e Coutadas, quedará en sentido único ascendente con entrada dende García Barbón.
A Concellería de Mobilidade e Seguridade informa do peche ao tráfico no Camiño de Quiros, Camiño Fonte e Camiño Quintela con motivo de diversas obras que se realizaran nas devanditas zonas da cidade.
O Concello de Vigo súmase á campaña de prevención dos problemas relacionados co alcohol dirixida aos sectores do mar e do transporte urbano de viaxeiros e que promove o Ministerio do Interior a través da delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas. Con tal motivo está convocada unha reunión o día 28 de xaneiro en Madrid cos técnicos responsables das cidades que se suman á campaña. Unha técnico da concellería de Mobilidade e Seguridade do Concello de Vigo asistirá á xuntanza .
A concellería de Mobilidade e Seguridade está a realizar traballos de limpeza na rede semafórica da cidade que consiste na retirada de publicidade colocada irregularmente nos semáforos.<br />
A Concellería de Mobilidade e Seguridade ven de realizar unha actuación na sinalización vertical e horizontal no interior e exterior do túnel de Beiramar. A sinalización atopábase en mal estado debido principalmente ao seu abandono e dispersión.
A partir do mércores, 7 de xaneiro, ás 23.00 horas e por un periodo aproximado de 3 meses, pecharáse ó tráfico rodado o sentido de subida da rúa Urzáiz entre Hernán Cortés e Gran Vía, agás para o transporte público, e o sentido de baixada da rúa Cervantes entre Urzáiz e Rogelio Abalde para todo o tráfico.
A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes establece zonas de prohibición de estacionamento, cortes de tráfico, desvíos e cambios no sentido de circulación dalgunhas rúas con motivo da celebración da Cabalgata de Reis.
A partir do próximo ano reducirase o prezo do billete do transporte urbano aos pensionistas do tipo 1. Así o declarou hoxe a alcaldesa Corina Porro trala reunión do Consello Sectorial de Transportes, que tamén acordou as novas tarifas para o billetes de autobús urbano e de taxi.