Novas medidas de tráfico en Urzáiz

sábado, 13 mar 2004

A concellería de Mobilidade e Seguridade pon en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de construcción do aparcamento soterrado da rúa Urzáiz, cortarase o carril descendente na rúa Urzáiz, no tramo entre Cervantes e República Arxentina, dende o próximo martes 16 de marzo de 2004 ás 00:00 horas, e ata o martes 23 de marzo ás 24:00 horas.

O corpo de bombeiros presentou o seu novo camión escaleira

luns, 8 mar 2004

O corpo de Bombeiros celebrou hoxe a festividade de San Juan de Dios, o seu patrón, cunha misa solemne no Fogar e Clínica San Rafael, á que seguiu unha exhibición dos vehículos que posúe o corpo e do persoal do servicio ós nenos con discapacidade do centro. O acto contou coa presencia da alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e mailo concelleiro de Mobilidade e Seguridade, Antonio Coello.

Corina Porro avoga pola coordinación da policía local e a nacional para combater o vandalismo

mércores, 18 feb 2004

A alcaldesa de Vigo, Corina Porro, anunciou hoxe a intención do Concello de Vigo de que a Policía Local e a Nacional realicen vixilancia nas zonas da cidade máis castigadas por actividades delictivas. A alcaldesa, trala celebración da Xunta Local de Seguridade e, acompañada polo subdelegado do Goberno na provincia de Pontevedra, Alejandro Millán Mon, avogou por iniciar accións conxuntas coa Policía Nacional para combater o vandalismo e a inseguridade cidadá. "A cidade debe percibir que a Policía está ó seu servicio e garanti-los dereitos de todos", dixo a alcaldesa, quen engadiu que "coas reformas legais do Goberno central o estado de dereito se vai fortalecer".