Vigo celebra a campaña "A cidade sen o meu coche"
Unha marcha ciclista e diversos actos na praza de Compostela para os máis cativos tomarán o relevo ao tráfico, o ruído e a contaminación nos próximos días con motivo da celebración do "Día Europeo sen o meu coche" o vindeiro mércores 22 de setembro. Unha iniciativa que tratará de concienciar aos cidadáns dos múltiples beneficios do uso racional dos vehículos particulares.
Vigo ten programadas tres actividades con motivo da campaña "Por un día, báixate do carro". Así, o vindeiro domingo, celebrarase unha marcha ciclista con saída na praza do Rei e meta na praza da Estrela, onde se sortearán tres bicicletas, tres patíns e un tánden, entre os participantes. O acto contará coa presencia da alcaldesa, Corina Porro, e do ciclista galego Óscar Pereiro.
Asimesmo, o mércores 22 a utilización dos autobuses circulares de Vitrasa será gratis, e a partir das 15.00 horas cerrarase o entorno da praza de Compostela, onde ás 17.00 horas comezarán as actividades lúdicas para nenos, organizadas polo Paiaso Popín e a Federación de Peñas Recreativas "El Olivo".
Dúas accións que se verán complementadas coa distribución de 10.000 programas e 250 carteis, ademáis da colocación de 10.000 octavillas nos parabrisas dos coches. Tales medidas reforzaranse cunha campaña publicitaria na prensa local, que contempla a publicación dun anuncio sobre a marcha ciclista o día 18, dous anuncios sobre o circular gratis os días 21 e 22 e un xenérico de "O Día sen o meu coche" o 22 de setembro.
O obxectivo desta campaña non é outro que o de concienciar á poboación da necesidade de facer un uso racional dos vehículos particulares, ademáis de recuperar e redescubrir a cidade e o seu patrimonio cultural, agachando, por un día, os problemas derivados da contaminación, o ruido ou a mobilidade urbana.
Así, dende o Goberno Municipal procurarase incidir na concienciación medioambiental, animando ao uso racional do vehículo privado ao tempo de dar a coñecer e impulsar as melloras no servicio público, entre outras.
Con todo, O "Día sen coche", o mércores, será o punto culminante de tódala semana, co reto de organizar "¡A cidade sen o meu coche!" nun día laborable. Todo un acontecemento no que se viron implicadas no 2003 un total de 1.035 cidades europeas.