Escoitar

O Vigo Valery Karpin enfrontarase ao Vitória de Guimaraes no XXX Trofeo Cidade de Vigo de Voleibol

O encontro, presentado en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Lucía Molares e mailo presidente do clube, Guillermo Touza, terá lugar o vindeiro mércores 22 de setembro ás 20.00 horas no pavillón de Coia.

venres, 17 set 2004
1095421045karpin.jpg
O Vitória de Guimaraes será o rival elixido para a disputa do XXX Trofeo Cidade de Vigo de Voleibol o vindeiro mércores 22 de setembro. Un equipo da División de Honra portuguesa que o ano pasado alcanzou o terceiro posto da competición lusa. O mesmo clube que fai uns días mediu as súas forzas no Cidade de Vigo de fútbol, fronte ao Real Clube Celta. Por iso, a concelleira de Deportes, Lucía Molares, agarda que o resultado sexa esta vez á inversa e os locais acaden a victoria nun dos trofeos con máis solera a nivel estatal.

Dende o clube son moitas as ilusións postas no Cidade de Vigo, que, sen dúbida, servirá ao equipo de preparación de cara ao inicio da tempada. Unha tempada que arranca para o Vigo de Voleibol "sen agobios", dado o apoio recibido pola Xunta de Galicia, a Deputación, a Fundación ou o Concello de Vigo. Para o presidente do clube, Guillermo Touza, "trátase dunha situación case idílica, polo que tentaremos traballar duro para representar á cidade coma o merece en España".
Descargar todas as imaxes