Escoitar

Xunta de Goberno Local

A Corporación Municipal reunirase o luns día 20 de setembro, ás 8.00 horas en 1ª convocatoria e ás 9.00 horas en 2ª convocatoria, para realizar sesión ordinaria na súa Sala.

venres, 17 set 2004
ORDE DO DÍA:

ALCALDÍA
1.- Indemnización substitutiva e recoñecemento de débeda por importe de 30.000 € a favor de Faro de Vigo pola distribución dun políptico conmemorativo da Reconquista de Vigo. Expte. 1173/101.

2.- Acordo plenario instando á Xunta de Goberno a paralización do procedemento de contratación da xestión do Servizo Público de retirada, inmobilización, depósito e xestión de cobramento de vehículos indebidamente estacionados.

DEPORTES
3.- Solicitude do Club Triatlón Vigo para organizar a proba deportiva XVIII Triatlón Cidade de Vigo o 26.09.04 en Bouzas. Expte. 4727/333.

INVESTIMENTOS
4.- Proxecto de convenio entre o Concello de Vigo e a concesionaria do servizo de abastecemento e saneamento da auga (Aqualia-FCC Vigo UTE). Expte. 1000389/140.

5.- Escrito do Consorcio da Zona Franca comunicando a renuncia ó convenio sobre aparcadoiros subterráneos asinado en novembro de 2001.

PERSOAL
6.- Dar conta da encomenda de función de dirección e coordinación do Arquivo Pacheco ao técnico superior de Admón. Especial D. Xosé Lois Cea Nogueira. Expte. 15260/220.

7.- Aboamento de diferencias retributivas a D. Juan A. Barreiro Vila polo desempeño do posto de operador de informática. Expte. 15247/220.

URBANISMO
8.- Aprobación inicial do Plan Especial de Protección do Monte da Guía. Expte. 6116/411.

9.- Aprobación inicial do Plan Parcial Gandariña 2. Expte. 7733/411.

10.- Aprobación inicial da modificación puntual do estudio de detalle da U.A 11 Roteas en Hermida-Oia Expte. 8962/411.

11.- Aprobación inicial do cambio de sistema de compensación a concerto e proxecto de equidistribución, da UE IV-07 Montecelo Alto. Expte. 4534/401.

12.- Aprobación definitiva do proxecto de compensación da U.A. 14 Pedreira en Oia. Expte.4529/401.

13.- Aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa Telleira en Castrelos. Expte. 4472/401.

14.- Desafiuzamento na rúa Quintela/Ramón Busch. Expte. 4505/401.

15.- Recepción das obras de urbanización da U.A. García Barbón, 27-33 roupeiro. Expte. 4509/401.

16.- Cesión gratuita de terreo para ensanche e mellora do camiño Pertegueiras. Expte. 40727/250.

VIAS E OBRAS
17.- Expediente de contratación da asistencia técnica á Concellería de Servizos Xerais para a redacción de proxectos e conseguintes propostas para captación de fondos europeos e apoio ao establecemento de redes de socios transaccionais para esa captación. Expte. 42214/250.

XESTIÓN MUNICIPAL
18.- Xustificantes de libramentos

19.- Rogos e preguntas.