Escoitar

A alcaldesa insta á solidariedade no inicio do curso escolar de Ensinanza Secundaria

A alcaldesa, Corina Porro, e o concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, inauguraron o venres o inicio dun novo curso escolar de Ensinanza Secundaria no colexio Compañía de María, no que aproveitaron a oportunidade para animar aos alumnos e pedirlles a súa colaboración no desexo de facer un Vigo millor.

venres, 17 set 2004
A alcaldesa, Corina Porro, e mailo concelleiro de Educación, Ignacio López-Chaves, achegáronse ata o centro Compañía de María ás 09.30 horas co fin de inaugurar un novo curso académico.

Tras un pequeno percorrido polas dependencias do colexio, Porro agradeceu a oportunidade de poder compartir un novo inicio do curso cos rapaces ao tempo que recordou ao alumnado a importancia de ser solidarios co fin de facilitar a convivencia entre os compañeiros. A rexidora fixo especial fincapé na importancia da educación e na necesidade da formación como persoas. Asimesmo, pediulles que lle escribiran para contarlle todo aquello que lles parecera ben ou mal da cidade, co obxecto de colaborar no intento por facer un Vigo millor.

Axudas Municipais
O Concello de Vigo destinará un total de 339.574 euros en concepto de axudas municipais escolares de libros e comedor, destinadas aos alumnos matriculados en centros públicos e con concerto pleno e empadroados en Vigo.

A contía das subvencións, aprobada o pasado 23 de agosto na Xunta de Goberno Local, ascende aos 94.822 euros para as axudas de libros e de 244.752 euros para comedores. Os principais beneficiarios serán os rapaces de educación infantil, educación primaria e secundaria (1º a 4ª ESO), que optarán a 1.102 axudas en libros e 853 en comedores. Así, 33.027 euros (109 euros c/u) irán destinados para un total de 303 rapaces da ESO.

Por outra banda, as axudas municipais de comedor, un total de 852, aboaránse directamente ao colexio a mes vencido. O pagamento máximo da axuda será de 39 euros ao mes por neno, dende o mes de outubro ata maio de 2005.