O Concello inicia mañá os traballos de fresado do tramo descendente de Gran Vía entre praza de España e praza América
O luns pola noite escomezan os traballos de asfaltado da Praza de España.
O Concello de Vigo iniciará ás 08.00 horas de mañá sábado, 18 de setembro, os traballos de fresado e asfaltado do tramo descendente da Gran Vía entre a Praza de España e a Praza de América. Os traballos, que se inician co fresado e rematan co asfaltado da rúa, se prolongarán durante a vindeira semana. Axentes de Policía Local controlarán a circulación de tráfico na zona mentres se desenvolvan os traballos. En momentos puntuais, cando os traballos afecten a cruces con outras rúas, se producirá o desvío de vehículos, que será controlado pola Policía Local.
Ás 23.00 horas do vindeiro luns, 20 de setembro, o Concello escomezará o asfaltado da Praza de España.
O Concello de Vigo prega a máxima colaboración aos conductores para que estas obras afecten do menor xeito posible ao tráfico rodado. Neste sentido, recomenda utilizar como ruta alternativa á circulación en sentido descendente a Praza de España, San Amaro e rúa Barcelona.
Informes da concellería de Vías e Obras recomendan realizar o fresado e asfaltado de rúas como Gran Vía en horario diurno. O fresado para evitar que o ruido cause molestias aos veciños, e o asfaltado debido a que como estas rúas soportan unha gran afluencia de vehículos, o asfaltado debe realizarse con boa visibilidade para evitar que se cometan fallos e queden marcas na calzada. Ademais, polo día se garante unha maior duración do aglomerado e se fixa mellor na calzada.
Os traballos de fresado e asfaltado responden a un convenio asinado entre o Concello e a Deputación, quen executa as obras.