Escoitar

O Concello retirará os vehículos para garantir a seguridade<br />

Ante a folga das empresas de grúas, o Concello facilitará o traslado dos vehículos accidentados ou avariados no termino municipal. Neste sentido o concelleiro de Tráfico, Antonio Coello, subliñou que as once grúas municipais farán o traslado para garantir a mobilidade e a seguridade nas vías urbanas.

xoves, 26 ago 2004
Deste xeito o Concello traballará en coordinación coa Dirección Xeral de Tráfico para atender as demandas que se establezan por motivos de seguridade e por razóns de risco.