Escoitar

Programa Municipal de Escolas Deportivas, o espírito olímpico a flor de pel

O proxecto, presentado pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, ofertará un total de 25 modalidades deportivas para os rapaces de 6 a 16 anos dende o 4 de outubro ao 31 de maio. O prezo da matrícula será de 33,35 euros e poderá formalizarse no Instituto Municipal de As Travesas.

xoves, 26 ago 2004
1093519220escolasdep1.jpg
Co fin de facilitar o acceso dos máis cativos ao deporte, o Instituto Municipal de As Travesas pon en marcha o Programa de Escolas Deportivas 2004-2005, que arrancará o vindeiro 4 de outubro ata o 31 de maio.

Baixo o título, "Máis que deporte", o programa vai dirixido aos nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos co desexo de fomentar a práctica deportiva coma complemento a súa actividade física ao tempo de iniciar aos máis cativos no coñecemento das diferentes modalidades deportivas de xeito educativo, lúdico e recreativo.

O prezo da matrícula será de 33,35 euros, aínda que ofreceráselles de balde a aquelas persoas de menos nivel de renta baixo a convicción de abrir as súas portas a tódolos rapaces.

41 entidades colaborarán no proxecto, ofertando un total de 25 modalidades deportivas. Así, os cativos poderán elixir entre atletismo, bádminton, baloncesto, balonmán, ciclismo, esgrima, fútbol, fútbol sala, hóckey herba, hóckey patíns, iudo, karate, loita, patinaxe, taekwondo, tenis, tiro con arco, voleibol, xadrez, ximnasia artística e acrobática, ximnasia rítmica ou actividades para discapacitados físicos e psíquicos coma baloncesto en cadeira de rodas ou natación, ademáis da escola polideportiva de base. O béisbol será outra das especialidades que se incorporen ao programa deste ano. Unha modalidade que xa conta con moitos adeptos na nosa cidade, entre os que se atopan unha chea de inmigrantes retornados. E xunto ao béisbol presentarase o triatlón, unha alternativa para aqueles que queiran practicar máis dunha disciplina á vez.

O primeiro plazo de inscrición abrirase do 6 ao 24 de setembro. Os antigos alumnois poderán apuntarse na modalidade de patinaxe do 6 ao 9 de setembro, en ximnasia rítmica do 10 ao 13 de setembro e no resto de modalidades do 14 ao 17 do mesmo mes. Sempre que haxa prazas, os alumnos novos e antigos de tódalas disciplinas terán que formalizar a súa inscrición do 20 ao 24 de setembro. Asimesmo abrirase o segundo prazo de inscrición do 4 de outubro ao 3 de novembro.

A folla de solicitude recollerase e entregarase cuberta nas oficinas do Instituto Municipal dos Deportes, na Avda. de Castrelos s/n Pavillón das Travesas. O ingreso farase tras a confirmación da praza, na conta número 2080006530/0040022908.

Aos colexios ofrécesenlles horarios dispoñibles para a realización da modalidade deportiva nas súas instalacións a través das entidades recoñecidas dende o Concello. O prazo de solicitude para eles será ata o 19 de setembro, enviando por fax a solicitude ao número 986 291 041.
Descargar todas as imaxes