A praia de A Punta recupera a bandeira azul
A inspección de ADEAC conclúe que a praia está en perfectas condicións de limpeza e hixiene para o uso dos bañistas.
O Concello de Vigo izou de novo este serán a Bandeira Azul na praia de A Punta, na parroquia de Teis. A visita que o inspector de ADEAC (o representante en España da Fundación Europea para a Educación Ambiental) realizou este mediodía ao areal vigués concluiu que a praia está en perfectas condicións de limpeza e hixiene para o uso dos bañistas.
Tras dezasete días con bandeira Vermella, despois de que restos dun verquido de fuel IFO 180 que se produxo en augas da Ría de Vigo chegaran ata o areal vigués e de que o Concello habilitara un dispositivo de limpeza, a praia de A Punta recupera a bandeira azul. Nos últimos días, o Concello mantiña un equipo de 15 persoas adicadas á limpeza con auga a presión de pequenos restos de fuel nas rocas.