A Xunta de Goberno Local aproba o padrón dos impostos sobre bens inmobles e actividades económicas
Segundo o voceiro do goberno, José Manuel Figueroa, o contraído definitivo respecto ao IBI elévase a 40.098.949 euros, sendo de 10.383.482 euros para o padrón imposto sobre actividades económicas no presente ano.
O voceiro do Goberno Municipal, José Manuel Figueroa, sinalou na rolda de prensa da Xunta de Goberno Local, os acordos adoptados polo Concello en materia de Administración de Tributos.
Así, A Xunta aprobou o padrón do imposto sobre bens inmobles de natureza urbana (IBI) do ano 2004 por un importe que ascende aos 40.098.949 euros.
O Padrón Fiscal do Imposto sobre Bens Inmobles consta de 183.050 inscripcións cun total de 42.313.721 euros, das que unha vez deducidas 183.671 euros correspondentes a 1.968 titulares descoñecidos xunto a 956.113 euros que corresponden a inscricións que foron motivo de anulación e 1.074.988 relacionadas ás 1.206 inscripcións de titularidade municipal que non foron contabilizadas, elevaron o contraído definitivo á algo máis de 40.000.000 euros. Unha cifra que acada unha variación porcentual do 11,45% respecto ao exercicio do 2003, para o que o total da débeda era de 35.987.299 euros.
Outro dos temas aprobados pola Corporación Municipal foi o do padrón do imposto sobre actividades económicas do Municipio de Vigo para o 2004, con preto de 5.000 inscricións, por un importe total de 10.383.482 euros, dos cales 9.052.307 euros corresponden a cota municipal e 1.331.175 euros ao recargo provincial.
Descargar todas as imaxes