O Concello pon en marcha a renovación da rede semafórica da cidade
En total serán renovados uns 400 báculos en 180 cruces e pasos de peóns da cidade co obxecto de mellorar a xestión da rede semafórica de Vigo.
Coa finalidade de mellorar a eficacia e fiabilidade da rede semafórica da cidade, a concellería de Mobilidade e Seguridade está a levar a cabo a renovación dun total de 400 báculos en 180 cruces e pasos de peóns en función da antigüedade, tal e como establece o prego de condicións desta renovación.
Así, o cable tradicional será sustituído polo de fibra óptica e os reguladores electromecánicos antigos por electrónicos de nova xeración. Unha medida que dará paso a novos báculos que mellorarán, sen dúbida, a xestión dos cruces.
A través dun plan previamente establecido, dende a concellería de Mobilidade e Seguridade, se procederá a renovar aproximadamente sete cruzamentos ou pasos de peóns ao mes, o que inevitablemente ocasionará molestias, polo que dende o Concello prégase a máxima comprensión e colaboración cidadana.