A praza da Estrela acollerá ata o 8 de agosto a XI Semana de teatro para nen@s
Durante sete días os máis cativos poderán disfutar dunha programación do máis variado a cargo de compañías de gran calidade que presentarán en Vigo obras inéditas. A XI Semana de teatro, presentada o luns polo concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, contará cun presuposto municipal de 20.000 euros.
Tralo éxito do ciclo de teatro para adultos, que acolleu a preto de 7.000 persoas, arranca a Semana de teatro para nen@s, que celebra a súa décimoprimeira edición.
Segundo o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, trátase dun programa moi variado para os máis pequenos, que contou noutras edicións coa asistencia de máis de 1.000 persoas ao día. "A organización desta Semana de teatro implica un gran esforzo dada a dificultade das obras e o lugar elixido", sinalou López-Chaves.
A praza da Estrela, que xa acolleu o V Verán de Teatro ou o Ciclo de Bandas Populares de Música, será o lugar elixido para celebrar os diferentes espectáculos para nenos e nenas de 1 a 5 anos e público familiar, que terán lugar ás 20.00 horas con entrada libre. E se o tempo non acompaña, as representacións terán lugar no auditorio do Concello ata completar o aforo.
Os encargados de abrir o ciclo serán a compañía "Ultramarinos de Lucas" que representarán o luns a súa creación: "Mira, mira". Un espectáculo onde Marta e Juan traballarán coa xeometría e a cor dando vida a unha especia de "pre-teatro", no que o texto perde protagonismo.
Así, o espacio irase transformando a través das figuras, as cores e a música, que correrá a cargo dun gran piano electrónico. Unha especie de xogo cos elementos máis básicos do teatro. Un espectáculo dirixido non só aos nenos e nenas, senón tamén aos pais e nais que queran voltar a sentirse pequenos.
Descargar todas as imaxes