Escoitar

O parque zoolóxico pon en marcha o obradoiro de emprego "Vigozoo II"

O proxecto, inaugurado o venres pola concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego, Lucía Molares, ofrecerá experiencia laboral a un total de 45 desempregados que se formarán nas especialidades de carpintería, construcción e xardinería ata o 29 de xuño de 2005.

venres, 30 xul 2004
Co obxectivo de ofrecer formación e experiencia laboral a un total de 45 participantes, dende o venres e ata o 29 de xuño de 2005, o parque zoolóxigo de Vigo pon en marcha o obradoiro de emprego "Vigozoo II".

Doce meses nos que os alumnos, divididos nas especialidades de carpintería, construcción e xardinería, tratarán de acadar os coñecementos necesarios para aquelas profesións con expectativas de inserción laboral.

Así, outra das finalidades deste obradoiro é a de continuar coa mellora dos aspectos máis deficitarios das instalacións municipais do zoo, tanto na súa imaxe coma no seu funcionamento, segundo o proxecto técnico aprobado.

A obra a realizar consistirá na construcción de aulas para vindeiros proxectos, traballos de xardinaxe, construcción dun viveiro, mobiliario urbán en madeira e construcción de novas casetas en carpintería de madeira para animais, entre outros.

O proxecto, cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través da Xunta de Galicia e dependente a nivel orgánico da concellería de Desenvolvemento Local e Emprego, dirixida por Lucía Molares, contará cun presuposto de 745.521 euros.

O obradoiro de emprego "Vigozoo II" estará dirixido por unha directora, unha titora e tres docentes, un por cada especialidade. Con todo, está prevista a contratación dunha auxiliar administrativa, un mestre de informática, un de orientación laboral e búsqueda de emprego, un mestre de ESO e un de Debuxo Técnico, ademáis dun experto a medio xornada para reforzar a formación do módulo de construcción.