Escoitar

Cortes de tráfico pola procesión do Cristo da Victoria

Por causa da celebración da tradicional procesión do Cristo da Victoria o vindeiro domingo 1 de agosto, o departamento municipal de tráfico cortará o tráfico nalgunhas rúas e prohibirá o estacionamento noutras. O dispositivo policial será atendido por un total de 100 axentes, 60 de mañá e 40 de tarde.

xoves, 29 xul 2004
Prohíbese o estacionamento de vehículos a partir das nove da mañá do domingo nas rúas Ribeira do Berbés, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Carral (treito comprendido entre Montero Ríos e Victoria), Victoria, praza de Compostela (dende a rúa Victoria ata a rúa Concepción Arenal) e Colón.

Ademáis, quedarán pechadas ao tráfico rodado dende as catro da tarde dese día as rúas Real, Ribeira do Berbés, Cánovas del Castillo, Montero Ríos, Carral, praza de Compostela, Victoria, Colón, Marqués de Valladares, Policarpo Sanz, Reconquista, Velázquez Moreno, Gamboa, Oliva, e Teófilo Llorente.

A partir da hora do peche prevense retencións nas rúas adxacentes, polo que se recomenda evitar a circulación pola zona centro da cidade durante todo o percorrido da procesión. Dende o Concello prégase a colaboración de tódolos cidadáns.