Escoitar

Vigo prepárase para acoller os actos programados con motivo da procesión do Cristo da Victoria

O vindeiro sábado Alberto Durán dará lectura ao pregón do Cristo ás 13.00 horas no pazo-museo Quiñones de León, mentras que a procesión terá lugar o domingo, 1 de agosto, ás 19.30 horas. Este ano, a encargada de portar o pendón do Cristo será a concelleira Lucía Molares.

mércores, 28 xul 2004
1091014773cristo2.jpg
Como cada ano, Vigo vístese de gala para celebrar os actos do Santísimo Cristo da Victoria, considerado por unha gran maioría, patrón dos vigueses.

O vindeiro sábado, 31 de xullo, terá lugar a lectura do pregón do Cristo ás 13.00 horas no pazo-museo Quiñones de León, que correrá a cargo do seu autor, Alberto Durán Núñez. Ao acto estarán convidadas as autoridades e cargos máis destacados da cidade.

Pero será o domingo cando teña lugar unha das procesións máis multitudinarias de Galicia, a do Cristo da Victoria, que percorrerá as rúas de Vigo dende as 19.30 horas.

Este ano, a encargada de portar o pendón do Cristo será a concelleira Lucía Molares.

Seguindo o protocolo habitual a imaxe do Cristo sairá da Colexiata para percorrer as seguintes rúas: rúa Real, Berbés, San Francisco, Cánovas del Castillo, Carral, Victoria, praza de Compostela, Colón, Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde terá lugar a ofrenda floral e o himno, para recollerse maís tarde pola praza da Constitución e Triunfo.

O programa de celebracións do Santísimo Cristo da Victoria 2004 será o seguinte:

Sábado, 31 de xullo
Acto: Lectura do pregón
Hora: 13.00 horas
Lugar: Pazo-museo Quiñones de León
Palabras: Irmá maior Francisco Castro
Lectura do pregón polo seu autor: Alberto Durán Núñez
Palabras da alcaldesa
Recepción

Domingo, 1 de agosto
Acto: Procesión do Cristo da Victoria
Hora: 18.30 horas, encontro da Corporación Municipal no Patio da Policía Local, saída cara a Casa Rectoral con Maceiros e Garda de Gala para unirse á Cofradía. Saída cara ao atrio da Colexiata.
19.30 horas: Procesión do Sto. Cristo da Victoria.
Percorrido: Colexiata, Rúa Real, Berbés, San Francisco, Cánovas del Castillo, Carral, Victoria, praza de Compostela, Colón, Policarpo Sanz, Porta do Sol (ofrensa floral e himno), praza da Constitución e Triunfo.
Descargar todas as imaxes