venres, 30 xullo 2004

O monte de A Guía acollerá o sábado a XV edición da Festa da Sardiña

venres, 30 xul 2004

Na xornada gastronómica, presentada o venres polo concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, degustaranse 1.500 kilogramos de sardiñas e 450 de pan de millo. O precio de cada ducia de sardiñas con dou anacos de pan será de 4 euros. A festa comezará ás once da mañá e agarda contar cun aforo de 10.000 persoas.

Castrelos vibrará o sábado coas baladas do cantautor Álex Ubago

venres, 30 xul 2004

O show, que terá unha duración aproximada de hora e media, dará paso aos temas do novo disco ("Aunque no te pueda ver", "Dame tu aire", "Prefiero"...) e compartirá cos seus fans algúns dos seus temas máis famosos do seu traballo anterior, como "Sin Miedo a nada", "¿Qué pides tú?", "A gritos de Esperanza", "Sabes"...

O XoveVigo pechará o domingo as súas portas ata o ano que ven

venres, 30 xul 2004

As actuacións de "Niño y Pistola" e "Silika" o venres e as de "Psicosonora" e "Nostromo" o sábado, serán o preludio dun ciclo que porá o broche de ouro o domingo da man do cantautor Servando Barreiro e o folk do grupo "Redeira". Os concertos terán lugar ás 23.00 horas na praza do Rei e a entrada será de balde.

Xunta de Goberno Local

venres, 30 xul 2004

A Xunta de Goberno Local reunirase o luns, 2 de agosto, ás 8.00 horas en 1ª convocatoria e ás 9.00 horas en 2ª convocatoria, para resolver un total de 33 asuntos.