As rúas de Vigo encheranse de fieis na procesión do Cristo da Victoria que terá lugar o domingo
Un centenar de policías serán os encargados de velar a imaxe do Santísimo Cristo da Victoria na procesión que terá lugar o vindeiro domingo a partir das 19.30 horas. A concelleira popular, Lucía Molares, será a encargada de portar o pendón.
Vigo vístese de gala para acoller o domingo unha das procesións máis multitudinarias do panorama nacional que terá lugar a partir das 19.30 horas polas rúas da cidade.
Este ano, a encargada de portar o pendón do Cristo será a concelleira popular, Lucía Molares, por ser o membro máis xoven da Corporación Municipal.
A imaxe do Cristo sairá da Colexiata para percorrer as seguintes rúas: rúa Real, Berbés, San Francisco, Cánovas del Castillo, Carral, Victoria, praza de Compostela, Colón, Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde terá lugar a ofrenda floral e o himno, para recollerse maís tarde pola praza da Constitución e Triunfo.
Por causa da celebración desta tradicional procesión, o departamento municipal de tráfico cortará o tráfico nalgunhas rúas e prohibirá o estacionamento noutras. O dispositivo policial será atendido por un total de 100 axentes, 60 de mañá e 40 de tarde.
Por outra parte, o sábado terá lugar a lectura do pregón do Cristo ás 13.00 horas no pazo-museo Quiñones de León, que correrá a cargo do seu autor, Alberto Durán Núñez. Ao acto estarán convidadas as autoridades e cargos máis destacados da cidade.