Escoitar

Un total de 29 traxes tradicionais galegos desfilarán o venres pola praza do Berbés

A XIV Mostra do Traxe Tradicional Galego fará da praza do Berbés, un mirador de excepción dende onde se poderá contemplar o sabor do folclore máis autóctono a partir das 22.30 horas. Un espectáculo visual que estará acompañado pola música dos grupos "Taravelo" e o conxunto de folk "Ardentía".

xoves, 29 xul 2004
1091096926traxe.jpg
Co obxectivo de difundir o folclore popular e conservar as tradicións galegas máis arraigadas, o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves, presentaba o xoves en rolda de prensa, a XIV Mostra do Traxe Tradicional Galego que terá lugar o venres ás 22.30 horas na praza do Berbés.

Os protagonistas desta xornada serán un total de 29 traxes tradicionais das diferentes provincias galegas. Todo un espectáculo visual que virá acompañado da música do grupo "Taravelo" e "Ardentía", que pechará o acto.

A Mostra, organizada polo Concello en colaboración con El Corte Inglés e a Escola Municipal de Danza, vense preparando dende o mes de febreiro e, segundo o director da escola, Wenceslao Cabezas, "trátase dun traballo moi complicado no que se suma o esforzo de moitas persoas".

Con todo, a praza do Berbés será mañá todo un mirador de excepción dos traxes máis característicos da comunidade que amosarán as peculiaridades de cada provincia galega.
Descargar todas as imaxes