xoves, 29 xul 2004
O campamento, dirixido para os nenos de entre 8 e 14 anos, terá lugar do 2 ao 13 de agosto. A inscrición será gratuíta e aberta e os que participen poderán facelo a tempo completo ou ben só nalgunhas das actividades previstas.
xoves, 29 xul 2004
A XIV Mostra do Traxe Tradicional Galego fará da praza do Berbés, un mirador de excepción dende onde se poderá contemplar o sabor do folclore máis autóctono a partir das 22.30 horas. Un espectáculo visual que estará acompañado pola música dos grupos "Taravelo" e o conxunto de folk "Ardentía".
xoves, 29 xul 2004
O torneo, presentado o xoves en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Lucía Molares, terá lugar do 31 de xullo ao 8 de agosto no Complexo Deportivo de Samil.
xoves, 29 xul 2004
Dulce Pontes será a encargada de levar o fado ata a súa última expresión na penúltima actuación programada dentro do Festival Internacional "Para Vigo me voy". O concerto terá lugar o xoves no auditorio de Castrelos ás 23.00 horas. O prezo da entrada será de 6 euros, con asento.
xoves, 29 xul 2004
Aphrodite co seu estilo "emo pop" e Los <br />
Casanovas, rock&roll , amenizarán o xoves, dende as 23.00 horas, aos vigueses que se acheguen ata a praza do Rei. A entrada será de balde.