mércores, 28 xullo 2004

A concellería de Turismo presenta a guía de servicios da tarxeta turística VigoCard

A publicación recolle a ubicación e explicación de cada establecemento, comercio e servicio que practicarán descontos aos usuarios da tarxeta turística. A guía será entregada gratuitamente ao mercar a VigoCard, á venda dende o pasado luns nas oficinas de información turística de A Pedra e a praza do Rei e que se poderá adquirir nos hoteis de catro e tres estrelas da cidade máis adiante.

A praia de O Vao acollerá as competicións de tenis praia, rugbie praia, cachibol, "ultimate" e "koorfball" no mes de agosto

mércores, 28 xul 2004

As intalacións deportivas "VigoArea", situadas na praia de O Vao, acollerán durante a primeira quincena do mes de agosto diferentes modalidades deportivas que veñen a completar o programa do Verán Xove 2004. As novidades máis salientables correrán a cargo do "cachibol", para maiores de 55 anos, e os importados "ultimate" e "koorfball".

Un recital de sabor cubano unirá a Bebo e Chucho Valdés en Castrelos

mércores, 28 xul 2004

Dous carreiras diferentes contaxiadas pola paixón dos ritmos da terra cubana voltarán a misturarse nun escenario, despois de máis de 30 anos, para amosar ao público un recital único. Bebo e Chucho Valdés, pai e fillo, farán de Castrelos, o mércores ás 23.00 horas, un lugar de encontros. Un concerto no que estarán arropados pola All Stars Latin Jazz Big Band.

Glassonion e The Meis Makers, outra das apostas de Xovevigo

mércores, 28 xul 2004

Unha mestura de pop psicodélico e hard rock chegará á praza do Rei da man dos vigueses Glassonion e The Meis Makers. As actuacións, incluídas no festival Xovevigo, terán lugar o mércores na praza do Rei ás 23.00 horas e a entrada será gratuíta.

Xerencia Municipal de Urbanismo

mércores, 28 xul 2004

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo terá lugar na sala de reunións da sede da Xerencia, o xoves, 29 de xullo, ás 9.30 horas en primeira convocatoria, e media hora máis tarde en segunda.