Escoitar

Vendidas preto da metade das entradas para asistir ao concerto de David Bisbal en Castrelos

Bisbal abarrotará, con toda probabilidade, o auditorio de Castrelos o vindeiro 7 de agosto nun concerto único na súa xira.

martes, 27 xul 2004
1090931625bisbi.jpg
A venda das entradas para asistir ao concerto que David Bisbal ofrecerá no auditorio de Castrelos o vindeiro 7 de agosto, incluido na programación das Festas do Cristo e organizadas pola concellería de Festas e Animación Sociocultural, marcha a moi bó ritmo.

O espectáculo que o artista almeriense ofrecerá en Castrelos é unha das actuacións que más interese ten espertado entre o público e así o amosan as cifras de vendas xa que a estas alturas se venderon preto da metade das 4.000 entradas que se puxeron á venda o pasado mércores 21 de xullo.

David Bisbal ofrecerá na cidade de Vigo un espectáculo de talla internacional que neste caso terá que ser adaptado ás peculiaridades de Castrelos debido a embergadura da montaxe do espectáculo.

O concerto comezará ás 11 da noite e as entradas poden adquirirse na Central de Espectáculos, sita na rúa Velázquez Moreno, 26, en www.centralespectaculos.com, ou no teléfono 986 435 410, a un prezo de 12 euros.

Ademáis, a compra de entradas tamén poderá realizarse a través do canal Serviticket en tódalas oficinas de La Caixa equipadas con caixeiros de venda de entradas ou ben a través de internet (www.servicaixa.com) a un prezo de 13.50 euros. Outra opción do canal serviticket e a reserva telefónica ServiCaixa, no teléfono 902 521 152 e nas sucursais de Galicia de Halcón Viajes, nas que o prezo das entradas será de 14.15 euros.
Descargar todas as imaxes