O Concello aproba un convenio de colaboración para a construcción e explotación dun auditorio-pazo de Congresos
O Pleno do Concello aprobou por unanimidade, coa abstención de Proguesistas Vigueses, un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a Autoridade Portuaria, polo que se comprometen na creación dun auditorio-pazo de Congresos, así como dunha zona complementaria.
O Pleno da Corporación aprobou por maioría a sinatura dun convenio de colaboración polo que Xunta, Concello e Autoridade Portuaria se comprometen na construcción e explotación dun auditorio-pazo de Congresos e dunha zona complementaria.
No informe remitido á Xunta de Galicia, inclúese a necesidade de crear unha comisión de seguimento do convenio ata o remate das obras do pazo de Congresos.
Co obxectivo de contribuir a rexenerar o ámbito da Avenida Beiramar, o auditorio-pazo de Congresos reemprazaría as parcelas ocupadas polo edificio de Casa Mar. Así, o auditorio contribuiría a xerar un importante desenvolvemento comercial e terciario, potenciando a participación da iniciativa privada no seu finanzamento.
Esta iniciativa prevé a construcción dun auditorio principal cun aforo de 1.450 persoas, otro auditorio con 400 asentos e un conxunto de salas polivalentes cunha capacidade total de ata 450 persoas. Desta maneira, o aforo total acadaría as 2.300 prazas.
Asimesmo, prevese a construcción dunha zona de exposición, complementaria á actividade congresual, cunha superficie aproximada de 2.000 metros cadrados e unha zona de restauración con capacidade para 700 prazas nunha área de 1.100 metros cadrados. Todos estes usos organizaríanse en torno a un gran vestíbulo central que se concibe como espazo público aberto sobre a ría e a cidade.
En canto aos usos da zona complementaria, aínda que deberá ser definida polo futuro concesionario, acollería un hotel, unha área destinada ao comercio e o ocio e un aparcadoiro subterráneo.
Baixo un presuposto total de preto de 96 millóns de euros, o Auditorio xunto á zona complementaria de exposicións e o aparcadoiro subterráneo, alcanzaría unha superficie de 59.350 metros cadrados.
Polo presente convenio a Administarción Pública comprométese a aportar os terreos nos que se vaian a desenvolver as obras e contribuirá ao deseño e construcción do Auditorio. O sector privado, pola súa parte, colaborará no finanzamento da construcción do Auditorio, asumirá de forma exclusiva o finanzamento e a construcción da zona complementaria e a explotación de ámbolos dous.
A Xunta contribuiría cunha aportación económica de 18.570.000 euros e o Concello 12.000.000 euros. Ademáis, Xunta e Concello de Vigo, obríganse a colaborar para obter fondos doutras administracións públicas que poidan contribuir o finazamento das actuacións previstas.
Descargar todas as imaxes