Manuel Sirera presentará o sábado en Castrelos a súa gala lírica
Un espectáculo sustentado sobre a zarzuela e o amor a súa terra que terá lugar ás 23.00 horas no auditorio do parque de Castrelos. O prezo da entrada será de 6 euros, con asento.
Trala actuación de "Blondie" o pasado domingo, Castrelos prepárase para acoller un dos concertos máis agardados polos amantes da lírica. Tal e como anunciaba o concelleiro de Festas, Ignacio López-Chaves en rolda de prensa, O sábado 24 de xullo, ás 23.00 horas, o tenor vigués, Manuel Sirera, voltará a súa terra para deleitar aos vigueses cun recital que él mesmo califica como de "técnicamente difícil".
A actuación de Sirera estará sustentada sobre a zarzuela "máis axeitada para un concerto ao aire libre e moito máis divertida que a ópera". Pero o espectáculo, será tamén un homenaxe a Galicia, coa posta en escea dos temas "Galicia Terra Única" e "O Cantar do Pelegrino".
Para o tenor "a responsabilidade de voltar a Vigo pesa moito, aínda que teño a satisfacción de xogar en casa". Quéixase da falta de oportunidades nos seus comezos ao tempo que lle pide aos políticos que potencien a música e que a fagan "materia docente".
Sirera considera que "para traballar neste mundo é moi importante a vocación e a forza de voluntade, xa que a lírica é moi dura". E parte desa voluntade por facer da lírica unha forma de vida, será a que o sábado inunde o auditorio de Castrelos xunto coa emoción que lle produce ao tenor voltar a Vigo, a súa terra "esa que levo na alma cravada".
Biografía
O tenor Manuel Sirera naceu en Vigo e provén dunha familia de cantantes como a soprano Ana María Olaria. A súa voz ten unha gran expresividade e naturalidade.
Con máis de dezaoito anos de carreira profesional realizou máis de 400 concertos en Europa e América, ten grabados varios discos de Ópera, Zarzuela e música popular. Interviu en numerosos programas de RTVE e en outras cadeas, tamén na radio. Entre outros eventos destaca a grabación en 1997 de "Galicia Terra Única", "O Son Dos Clásicos" ou programas para RTVG.
En 1999 grabou o himno do Xacobeo "O Cantar do Pelegrino", e no 2000 crea a xira de "Autores Españoles" co Ministerio de Exteriores percorrendo as cidades principais de Francia, dando a coñecer aos nosos compositores, cantando en París, Estrasburgo, Lyon, entre outras.
No 2002 graba coa Filarmónica de Plovdiv, dirixida maxistralmente por Nayden Todorov, un CD, que se titula "Mis arias favoritas", donde se pode escoitar unha amena e prodixiosa selección de fragmentos de ópera: Boheme, Traviata, Faust, Rigoletto, Werther, Gioconda etc.
Descargar todas as imaxes