Bando do Día de Galicia
O texto do bando lerao no acto oficial do Pazo Quiñones de León o seu autor, o artista Carlos Núñez ás 20.10 horas.
O texto do bando lerao no acto oficial do Pazo Quiñones de León o seu autor, o artista Carlos Núñez ás 20.10 horas.
As palabras da alcaldesa, Corina Porro, terán lugar ás 20.20 horas na recepción oficial do Día de Galicia.
A alcaldesa e os presidentes destas entidades asinaron un documento para traballar conxuntamente e promover unha maior competencia e participación das empresas nas licitacións públicas.
Un espectáculo sustentado sobre a zarzuela e o amor a súa terra que terá lugar ás 23.00 horas no auditorio do parque de Castrelos. O prezo da entrada será de 6 euros, con asento.
As actividades realizadas polo Museo Municipal de Vigo no 2004, fixeron posible incrementar en 3.000 o número de visitantes respecto ao ano pasado. Unha cifra que supón preto das 13.000 visitas nos meses de xaneiro a xullo.
Un total de 14 grupos da cidade actuarán na praza do Rei ata comezos de agosto nun novo ciclo adicado a promover a música dos conxuntos locais. O certame, polo que xa pasaron preto de 80 grupos, contará cun presuposto de 35.000 euros. As actuacións terán lugar ás 23.00 horas e a entrada será libre.
Dende o día 22 e ata o 28 de xullo, un total de corenta rapaces poderán disfrutar do campamento en Allariz promovido pola Concellería de Xuventude de Vigo. A hípica, o sendeirismo ou as visitas guiadas son só algunhas das actividades contempladas no programa deste "Verán Xove".
O luns día 26 reúnese a Xunta de Goberno Local ao remate da sesión plenaria convocada para a mesma data.
O luns, día 26, a partir das 9 da mañá celébrase sesión ordinaria do Pleno da Corporación cun total de 29 asuntos na orden do día.